Dende AMINO, consideramos que a formación a profesionais é un aspecto fundamental na protección á infancia. Por iso, dentro do noso Programa Poñendo os Lentes, incluímos varias xornadas ó ano de formación aos nosos técnicos para que estean actualizados/as. As imaxes son da formación intensiva do día 5 de febreiro de 2022. A nosa querida Inma tomouse a licencia de impartir unha parte ó aire libre, aproveitando os raios do sol.