Accións
1. Creación de Grupos de voluntariado
A persoa coordinadora de cada zona poñerase en contacto coas universidades da súa área para organizar e xestionar en cada unha das Facultades de Ciencias da Educación existentes en Galicia (A Coruña, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) unha Xornada de Difusión da Campaña “Un de Cada Cinco” dirixida ao alumnado de 2º e 3º curso de Grao. Organizándose unha xornada por Facultade e por fase, é dicir, unha no curso escolar 2018-2019 e outra durante o curso escolar 2019-2020.
Coas persoas asistentes a estas xornadas se establecerá un grupo de traballo formado por voluntarios/as para colaborar na campaña que deberán facer unha formación que lles acredite para presentar a campaña nos centros que lles sexan asignados. Tomaránselles os seus datos, así como a súa dispoñibilidade temporal e xeográfica, en aras a organizar a distribución das partidas de persoas voluntarias nos distintos centros educativos obxecto deste proxecto.
2. Formación das persoas voluntarias e creación de grupos de traballo
Formación
Os contidos da formación e os formadores serán aportados pola Federación de Asociacións para a Prevención do Maltrato Infantil (FAPMI) a través do programa Nos Haces Falta, formación que será acreditada tamén por FAPMI e mais polo Ministerio de Educación.
Duración da formación
60 horas: 40 horas de formación troncal (30 horas a distancia + 10 horas presenciais) e 20 horas de formación específica (12 horas a distancia + 8 horas presenciais).
Formación presencial
Se realizará o día 1 de decembro na Escola de Maxisterio do CEU en Vigo e o día 19 de xaneiro en A Coruña.
Contidos
Se realizará unha presentación didáctica de como detectar e notificar casos de ASI para que as personas voluntarias saiban transmitilo aos profesionais que traballen con menores.
Se realizará unha dinámica práctica utilizando o material de prevención de ASI A Regra de Kiko e tamén de Escola de Detectives
Loxística
A formación presencial se levará a cabo nas cidades de A Coruña e Pontevedra en dúas sesións. Cada persoa coordinadora convocará ao grupo de voluntarias e voluntarios e ademais dunha formación básica, se lles dará formación dos materiais da campaña e do programa que han de trasladar ao equipo docente que a implementará. Procederase a explicar a organización do proxecto, o seguimento a cada centro educativo así como o modo de rexistro dos datos, que será informatizado.
Creación de grupos de traballo
Procederase a distribuír por zonas os voluntarios para cada cidade. Así mesmo repartiranse os colexios entre os grupos de traballo que se constituirán por parellas.
Difusión en centros educativos
O procedemento que se desenvolverá en cada centro educativo será o seguinte:
- Envío de cartas aos centros educativos. Dende a coordinación de cada cidade enviaranse, a cada centro educativo, dúas cartas, unha á atención do equipo directivo e outra dirixida ao orientador/a. O motivo das cartas será explicarlles brevemente o obxectivo da campaña así como adiantarlles que, ao longo do mes seguinte, persoal vinculado ao proxecto poñerase en contacto co centro para concertar unha visita co equipo docente e explicarlles persoalmente a campaña.
- Concertación telefónica da cita. Os/as voluntarios/as procederán a contactar cos centros que lle foron asignados, para fixar o día a e hora en que poidan realizar a difusión da campaña, así coma concretar o número de persoal do equipo docente que vai ser convocado á formación.
- Presentación da campaña nos centros. O equipo de voluntarios/as reúnese no centro co equipo docente para instruírlle no programa descrito na guía didáctica, así como a utilizar o material da Regra de Kiko na aula. Esta presentación terá unha duración aproximada de unha hora e media.
3. Seguimento
Realizarase un seguimento do profesorado que decidise unirse á difusión da campaña “Un de Cada Cinco” avaliando o número de actividades e poboación infantil alcanzada. Abrindo, ademais, a posibilidade de asesoramento ante as dificultades que poidan atoparse no seu centro en relación á Infancia, o Abuso Sexual ou os Malos tratos. Así mesmo, ábrese un seguimento á detección ou denuncia dos posibles casos de abuso sexual infantil que poidan xurdir a partir da presentación da campaña.
4. Avaliación
A avaliación permitiranos analizar o grao de cumprimento dos obxectivos e o alcance do Proxecto. Para iso teranse en conta unha serie de indicadores numéricos que nos mostrarán o alcance do mesmo.
- Número de colexios convocados a participar diferenciando privados e públicos ou concertados de cada unha das cidades.
- Número de colexios participantes por cidades, diferenciando privados e públicos ou concertados.
- Número de profesores e profesoras participantes na presentación da campaña.
- Número de profesores e profesoras que implementaron a campaña nas súas aulas.
- Número de alumnos e alumnas participantes e cursos aos que pertencían.
- Número de pais e nais participantes.
Serán necesarios tamén indicadores cualitativos:
- Test de coñecementos previo e post presentación da campaña dirixido ao profesorado para analizar o grao de coñecemento previo da mesma e da problemática que analiza.
- Follas de satisfacción ou valoración das persoas voluntarias que presentan a campaña nos colexios, dos contidos e dos materiais.