A asociación contra o abuso e maltrato de menores en Galicia, Amino.Gal, vén de poñer en marcha un proxecto pioneiro en España para frear as situacións de violencia na infancia: Poñendo os lentes. Este dará comezo o próximo mes de outubro en Vigo no que será a súa primeira fase, para logo extenderse polo resto de grandes cidades de Galicia.

Poñendo os lentes, que conta coa colaboración da Xunta e das universidades galegas, trata de dar visibilidade ó problema da violencia sexual infantil a través da formación en prevención e detección nos centros educativos. De este modo, as persoas que se atopan máis en contacto cos menores contarán coas ferramentas necesarias para interpretar certos indicadores e así poder axudar a calquera neno que esté sufrindo unha situación de abuso.

Fonte: Atlántico Diario