Neste segundo trimestre de curso (dende o mes de febreiro), 17 centros educativos e mais de 250 mestres e mestras de diferentes localidades galegas recibiron un seminario básico para aprender a detectar e previr o abuso sexual infantil. Queremos agradecer o interese e o compromiso mostrado con esta temática e animar a tódolxs participantes a utilizar os mateirais de prevención amosados, a continuar lendo e formándose sobre abuso sexual infantil e a non quitarse estes lentes recén postos, para ser capaces de protexer ós nosos nenos e nenas.