Rematamos esta edición do Programa Poñendo os Lentes. Foi moita a ilusión depositada neste fermoso proxecto e aínda que as condicións deste curso nos fixeron modificar a metodoloxía e refacer o programa case dende 0, estamos moi orgullosas co resultado.

Gracias a estas dúas edicións do programa Poñendo os Lentes hai en Galicia mais de 2200 profesionais que están preparados para detectar posibles casos de abuso sexual infantil, coñecen ferramentas de prevención e saben como actuar no caso de ter unha sospeita.

Podedes consultar a memoria técnica do programa pinchando AQUI

Non hai dúbida de que queda moito traballo, por eso seguiremos facendo todo o que estea na nosa man para continuar visibilizando esta realidade, sensibilizando e formando os profesionais, para que cada vez sexamos mais personas dispostas a protexer aos nosos nenos e nenas.