Descrición do proxecto

Destinatarios

Directos:

  • 1ª Fase. Curso 2018-2019: O profesorado de tódolos centros de ensino infantil, primario e especial, tanto públicos coma privados das cidades de Vigo, A Coruña, Ourense e Lugo.
  • 2ª Fase. Curso 2019-2020: O profesorado de tódolos centros de ensino infantil, primario e especial, tanto públicos coma privados das cidades de Ferrol, Santiago de Compostela e Pontevedra.

Indirectos:

O alumnado dos devanditos centros educativos e as familias.

Estímanse aproximadamente uns 364 colexios, 8000 profesores/as, e uns 163800  nenos/as acadados, ademáis estimamos que uns 40949  proxenitores.

Obxectivos

Xerais

  • Concienciar e sensibilizar ao profesorado e as familias sobre o abuso sexual infantil na nosa sociedade.
  • Proporcionar ferramentas de prevención ao profesorado, alumnado e ás familias.
  • Proporcionar ferramentas de detección ao profesorado e ás familias

Específico

  • Dar a coñecer a mensaxe e os materiais da campaña do Consello de Europa “Un de cada Cinco”.

Recursos humanos

Persoal coordinador da zona norte e zona sur:

Funcións

  • A persoa coordinadora ou equipo de coordinación de cada zona dirixirá o proxecto na súa zona e será responsable da súa execución.
  • Planificará unha axenda de reunións periódicas ao longo do desenvolvemento do proxecto coas persoas voluntarias da súa zona de maneira que promova o sentido de traballo en equipo e facilite o seguimento.

Personal voluntario zona norte e zona sur

Funcións

  • Presentar a campaña nos colexios que lle sexan asignados.
  • Cumprimentar os formularios de indicadores para a memoria e avaliación final.
  • Dar contas de calquera incidencia á súa coordinadora.

Usamos cookies propias y de terceros con el fin de ofrecerte una experiencia de mejor calidad. Por favor, revisa nuestra política de cookies y acepta su uso para disfrutar de una experiencia completa. Más información

Los ajustes de cookies de esta web están configurados para "permitir cookies" y así ofrecerte la mejor experiencia de navegación posible. Si sigues utilizando esta web sin cambiar tus ajustes de cookies o haces clic en "Aceptar" estarás dando tu consentimiento a esto.

Cerrar