SESIÓNS FORMATIVAS

Poñendo os Lentes Online

En qué consiste o Programa Poñendo os Lentes?

Consiste en dar a coñecer a realidade do abuso sexual infantil e ofrecer unha formación básica en prevención e detección do abuso sexual infantil.

A quen vai dirixida esta formación?

A todo aquel/a profesional do ámbito educativo que exerza a súa profesión na Comunidade Autónoma de Galicia e desexe profundizar neste tema tan presente na sociedade e á vez tan invisibilizado.

En que consiste a formación?

Trátase dunha charla de aproximadamente unha hora e media de duración.

Ademais tamén ofrecemos didácticas de obradoiros de prevención de abusos divididas por rango de idade (Infantil, Primaria e Adolescentes) de unha hora de duración cada un.

Ten algún custo?

A Xunta de Galicia financia este programa, polo que a formación é totalmente gratuita. E ademais é acreditada por AMINO.Gal

Cales son os contidos da charla de formación?

  • Clasificación do maltrato
  • Tipoloxía da violencia sexual contra a infancia
  • Mitos e realidades sobre o abuso sexual infantil
  • Detección do abuso sexual infantil
  • Prevención do abuso sexual infantil
  • Como actuar ante unha sospeita

En que consisten as didácticas de obradoiros?

Explicaremos como poñer en práctica o material existente para traballar cos nenos nenas e adolescentes a Prevención do Abuso Sexual. Recomendamos inscribirse na charla xeral sobre abuso sexual infantil antes de inscribirse nas didácticas, para que teñan mais sentido.

Para Educación Infantil, explicaremos como traballar co material «A Regra de Kiko»

Para Educación Primaria, explicaremos a dinámica de «Escuela de Detectives»

Para Adolescentes, explicaremos como traballar coa curtometraxe «YaNO+»

Que día se realiza a formación?

Repetiremos a charla varias veces dende o 13 de abril ata o 5 de xuño puidendo escoller a data e o horario que che vaia mellor.

Charla formativa

Polas mañás: Luns e Mércores de 12.00 a 13.30

Polas tardes: Martes e Xoves de 16.00 a 17.30

Didáctica de obradoiros de Prevención

Os venres

E. Infantil: de 16.00 a 17.00

E. Primaria: de 17.00 a 18.00

Adolescentes: de 18.00 a 19.00

A través de que plataforma se realiza a formación?

A través de Zoom.

É necesario que a descargues antes. Podes facelo a través desta ligazón: https://zoom.us/download

Como podo inscribirme?

Fácil!! Escolle a data que mellor che veña e cubre os teus datos. Pincha aquí. O día antes da charla enviarémosche por email a invitación.