O novo curso escolar xa está en marcha e en Poñendo os Lentes tamén retomamos a actividade nos centros educativos.

Xa comezamos coas primeiras sesións deste curso e temos novas actividades programadas en institutos de educación secundaria (IES), centros de educación infantil e primaria (CEIP) e escolas infantís. Seguimos traballando na prevención da violencia sexual contra a infancia, achegando información e ferramentas adaptadas ás diferentes etapas educativas. Cremos que a formación e a sensibilización son fundamentais para aprender a identificar posibles situacións de risco e saber como actuar ante elas. Cada centro, cada encontro e cada sesión son unha oportunidade para seguir falando da importancia de protexer a infancia e de construír contornas máis seguras para os nenos e as nenas.

Agradecemos aos centros educativos que contan con nós e que se implican neste traballo, imprescindible para avanzar na prevención e na protección da infancia.

Comezamos un novo curso con moitas ganas de seguir traballando xuntos e xuntas. Seguimos poñendo os lentes!