Mestres e mestras: pezas crave
“A educación é a arma máis potente para cambiar o mundo”. Nelson Mandela
Por iso vós, mestras e mestres, sodes pezas fundamentais na protección dos nenos. Vós, que ademáis de ensinar números e letras, historia e xeografía, seredes irremediablemente e aínda que non queirades adultos de referencia para miles de nenos e nenas. ¡Qué gran responsabilidade! Aínda que non o pensedes, para moitas nenas e nenos seredes o único referente adulto de seguridade e confianza da súa infancia, para moitos seredes a maior estabilidade, o maior apoio, o maior cariño, a maior sinceridade. ¡Aínda que non queirades! Porque a vosa presencia nas súas vidas conleva todo iso.
E por iso vós, profesionais que estades tan cerca de tantísimos nenos e nenas, necesitades poñervos os lentes. Porque pasarán polas vosas aulas decenas de menores que vivirán situacións de maltrato se vós non lles ofrecedes estratexias para protexerse. Non permitades que iso suceda. Dádelles ferramentas para que poidan ser nenos felices e protexidos. Facede coa vosa cooperación que a porcentaxe 1 de cada 5 sexa algo do pasado, algo a esquecer. Axudádelles a que teñan infancias felices e enriquecedoras. Porque se vós non o facedes, pode que ninguén o faga.
E o sabemos… Sabemos que todos estamos sempre a pedirvos cousas. Ademais do curriculum académico vos piden que saibades detectar problemas de aprendizaxe, de conduta… E agora chegamos nós dende AMINO.Gal e vos pedimos que asistades a unha sesión de formación para aprender a detectar e previr o abuso sexual infantil. Pero é verdaderamente importante que vos deixedes poñer as gafas da detección.
Os nosos voluntarios irán ao voso cole e nunha sesión de menos de dúas horas os amosarán o básico que debemos saber para detectar e frear a violencia sexual hacia os cativos. E vos darán as ferramentas necesarias para previr un dano tan terrible a través do material da Campaña 1 de 5.
Grazas pola vosa labor de mestres e mestras, tan importante e complexa, e sobre todo gracias por dedicarnos un rato do voso tempo para poder salvar vidas.
Pronto nos veremos. ¡Contamos con vós!